30 de nov. de 2014

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller




Coa colaboración do Concello de Noia e o grupo de teatro Xanela, na biblio levamos a cabo unha sesión de contacontos moi especial. Cansados de que Carapuchiña Vermella fose sempre víctima do lobo, de que Brancaneves cambie de vida grazas ao Príncipe e de que Tarzán sempre teña que salvar a Jane, as mulleres de estes contos rebeláronse e pasaron a ter un papel protagonista e relevante decidindo o futuro das súas vidas e non dependendo de ningún home. Nos nosos contos Brancaneves lévase ben coa madrasta e vai a cidade a buscarse a vida como cantante dun grupo, Tarzán xubílase e Jane é a encargada de defender a selva e aos seus animais...

Ningún comentario:

Publicar un comentario