24 de abr. de 2015

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro argallamos tres actividades das que vos damos conta.

MATEXPOSICIÓN: exposición de libros, materiais e recursos, elaborados polo equipo de biblioteca, para traballar as matemáticas, tema das bibliotecas escolares durante este curso.

HORA MATEMÁTICA: durante esta semana substituímos a Hora de Ler pola Hora Matemática.




SESIÓN ANIMACIÓN: tivemos a visita de Cristian Magic que nos presentou dous libros, un deles unha adaptación Don Quijote de Mancha,xa que este ano celebramos o IV centenario da publicación da segunda parte de Don Quijote. Tamén nos entretivo cos seus mellores trucos de máxia e nos explicou a súa relación cos libros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario