21 de feb. de 2017

Día de Rosalía de Castro

Para celebrar o Día de Rosalía desenvolvemos varias actividades. Nesta semana chegaron as aulas unha escolma de poesías acompañadas cun caravel vermello, un agasallo de Rosalía para todos os nenos e nenas do noso colexio.

En colaboración co EDLG do cole convocamos un concurso de elaboración de caricaturas de Rosalía, as caricaturas gañadoras imprimiranse en autocolantes para repartir entre todos. Aquí tendes aos gañadores.



Estamos a elaborar un mural coa poesía Adiós ríos, adiós fontes.



E unha exposición cos recursos bibliográficos da biblioteca sobre Rosalía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario