22 de abr. de 2020


Qué é?

 

  O día do libro é unha conmemoración internacional co obxectivo de fomentar a lectura.

  A nivel internacional, é promulgada pola UNESCO por primeira vez en 1995.

  Celébrase o 23 de abril en varios países desde 1996.



A súa historia



   O 23 de abril foi escollido como Día do Libro e dos Dereitos de Autor. Celébrase nesta data porque foi cando morreron os escritores Miguel De Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

   A UNESCO fixou no 15 de novembro de 1995, en París, a data do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor o 23 de abril.



En España



   Afonso XIII asinou o 6 de febreiro de 1926 un decreto real polo que se creou oficialmente o Festival do Libro Español, que se celebraría o día en que se cría que Cervantes nacera. En 1930 estableceuse definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario