A Consellería de Cultura Educación publica cada ano uns carteis divulgativos que
pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca
escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento
fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso é Biblioteca escolar... matemático!!!. Salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros
educativos e busca espertar o interese polas matemáticas.
Dende o cole xa estamos a argallar distintas actividades e propostas para levar a cabo este curso. A primeira delas foi a adquisión de xogos: xadrez, damas, parchís, catro en liña, cartas, dominó e o xogo dos barquiños, que xunto con outros xogos de inxenio que xa tiñamos, axudan a estimular capacidades matemáticas básicas como numeración, cálculo mental, xeometría, lóxica matemática... contribuíndo ao noso desenvolvemento cognitivo ao tempo que nos entreteñen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario