3 de dec. de 2014

MULLERES CON VALOR

Boa conta do papel fundamental das mulleres na nosa sociedade, dan os nenos e nenas do IES Xoán Montes, de Lugo, que elaboraron un traballo sobre a muller no papel moeda dos diversos países europeos, coa elaboración de pequenas biografías a partir da investigación realizada sobre as mulleres representadas nos distintos billetes. Un traballo de gran interese que nos dá a coñecer a mulleres científicas, políticas, artistas..., traballadoras en campos moi variados, e entre elas, a nosa escritora galega Rosalía de Castro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario