12 de nov. de 2015

O Magosto

Xa temos as castañas ao lume e estamos rematando coa decoración, pero mentres non están ben feitas ímos a lembrar a Manuel María, poeta galego ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

O Ourizo

Co seu ouro vello, mol
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón
o ourizón
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!
de espiñas toda cercada.

Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada,
e xa fuxiu a castaña...!


Ningún comentario:

Publicar un comentario