Qué é?
O día do
libro é unha conmemoración internacional co obxectivo de fomentar a lectura.
A nivel
internacional, é promulgada pola UNESCO por primeira vez en 1995.
Celébrase o
23 de abril en varios países desde 1996.
A súa historia
O 23 de abril foi escollido como Día do Libro e dos
Dereitos de Autor. Celébrase nesta data porque foi cando morreron os escritores
Miguel De Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
A UNESCO fixou no 15 de novembro de 1995, en
París, a data do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor o 23 de
abril.
En España
Afonso XIII asinou o 6 de febreiro de 1926
un decreto real polo que se creou oficialmente o Festival do Libro Español, que
se celebraría o día en que se cría que Cervantes nacera. En 1930 estableceuse
definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario