Benvidos á biblioteca escolar: un espazo para tódalas miradas! 😎

Abrir as portas da biblioteca sempre é un motivo de alegría. Este curso queremos celebralo destacando un valor fundamental que nos enriquece como comunidade: a diversidade.
A nosa biblioteca non é só un lugar de libros e silencio, é un punto de encontro e de refuxio para todas e todos.
Cada estudante trae consigo unha historia, unhas capacidades e unha forma de pensar única. A riqueza do noso colexio non está en ter historias iguais, senón na variedade que nos rodea.
Deste xeito, comezamos o curso cunha nova exposición na cal vos convidamos a explorar, a atopar a historia que máis nos represente e a aprender a entender mellor a quen nos rodea. Ademais, contamos con novos libros, novas zonas... que pouquiño a pouco iremos descubrindo.
Dende aquí, iremos actualizadando toda a información que a biblioteca ten preparada para este curso, e que así, alumnado, profesorado, familias e comunidade educativa poidades enterarvos de tódalas novidades. Estade moi atentos!
A biblioteca é a vosa casa. Benvidos a un curso cheo de historias plurais! ☺

Ningún comentario:
Publicar un comentario